Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de maio de 2012

Bolsas de formación para o programa de traballo do Consello de Consumidores e Usuarios para o exercicio 2012.

A finalidade das bolsas será a formación teórica e práctica de titulados superiores como especialistas en materia de consumo.

Mediante Resolución do 11 de abril de 2012, do Instituto Nacional do Consumo, convocáronse tres bolsas para a formación teórica e práctica de posgrao en materia de consumo, no Consello de Consumidores e Usuarios para titulados superiores nas seguintes áreas de coñecemento:

a) Un licenciado en Dereito.

b) Un licenciado en Ciencias Económicas ou Empresariais.

c) Un licenciado en Xornalismo.

A finalidade das bolsas será a formación teórica e práctica de titulados superiores como especialistas en materia de consumo, así como a dotación de apoio de recursos humanos para o desenvolvemento das tarefas do Consello de Consumidores e Usuarios.

Para iso, a formación desenvolverase mediante un programa de titorías que inclúe formación teórica e práctica dos bolseiros en materia de normativa relativa á protección dos consumidores e usuarios, así como á súa representación institucional a través das súas asociacións.

Os bolseiros contarán co asesoramento, orientación, dirección e supervisión dun titor, o Secretario do Consello de Consumidores e Usuarios, que conforme ao programa de titorías, incluirá a realización dun traballo monográfico.

Solicitudes

Poderán solicitar as bolsas as persoas que estean en posesión das titulacións académicas de licenciado en Dereito, licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais ou licenciado en Xornalismo, de idade non superior a 30 anos e cuxa data de finalización dos estudos realizados non poderá ser anterior ao curso académico 2007-2008.

Os impresos de solicitude poderanse obter na sede do Instituto Nacional do Consumo, rúa Príncipe de Vergara, 54, na Secretaría do Consello de Consumidores e Usuarios, ou a través de Internet na páxina www.consumo-inc.es.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión