27 de setembro de 2016
Dous talleres prácticos centrados en temas de máxima actualidade.
Hipotecas: Estamos ante a burbulla hipotecaria 2.0?. Desde ADICAE detectamos que nos estamos encamiñando cara a unha nova burbulla hipotecaria e preocúpanos vendo todo o vivido estes anos con todos os problemas que tiveron os consumidores coas súas hipotecas. Ter unha vivenda era un soño que se converteu en pesadelo para moitos consumidores e con este taller queremos alertar para non repetir os mesmos erros.
11:00 - OMIC A Coruña, Costa Palloza, 8
Non o deixes pasar, aprende a reclamar: Con este taller pretendemos dar a coñecer ao consumidor as ferramentas necesarias para poder reclamar ante os problemas de consumo que temos con empresas sen ter que acudir á vía xudicial. Coñecer os nosos dereitos e aprender a defendelos é algo vital para empoderar aos consumidores e que as empresas non poidan exercer prácticas abusivas.
11:00 - OMIC A Coruña, Costa Palloza, 8
Para máis información poden chamar ao 981189820, de luns a venres de 08:00 a 14: 00 horas.
Non se necesita inscripción previa.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible