Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de decembro de 2011

A OMIC organiza “O Nadal nas túas mans” un taller para elaborar adornos e obxectos do Nadal con material de reciclaxe

Será a primeira edición de “O Nadal está nas túas mans”, un taller dirixido a nenos de entre 4 e 8 anos dunha semana de duración.

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) da Coruña organiza para este nadal a primeira edición de “O Nadal está nas túas mans”, un taller dirixido a nenos de entre 4 e 8 anos. O obxectivo destes talleres é orientar sobre a responsabilidade no consumo, nunhas datas nas que están moi presentes os adornos e os agasallos. Esta acción enmárcase dentro do programa de Educación para o Consumo que se está desenvolvendo no Concello da Coruña.

Os talleres, que se realizarán durante a última semana de decembro, nas aulas da OMIC, na  Costa da Palloza, intentarán converter os participantes en verdadeiros consumidores responsables, aprendendo a realizar adornos e demais obxectos típicos do Nadal, empregando material de reciclaxe e obxectos cotiáns.

As actividades son gratuítas pero necesitan inscrición previa,e as prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. O prazo para inscribirse será do 19 ao 23 de decembro nas instalacións da OMIC, de 10.00 a 14.00 horas.

En canto ao horario dos talleres desenvolveranse de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas en dous grupos divididos por idades, do 26 ao 30 de decembro. Para máis información, os interesados poden chamar ao teléfono da OMIC: 981189820.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión