Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de novembro de 2022

O próximo día 1 de decembro abre as portas a Casa dos Xoguetes da OMIC

Ata o 5 de xaneiro ten lugar unha nova edición da Casa dos Xoguetes, un espazo de economía circular para fomentar a reutilización e o consumo responsable no Nadal

A Casa dos Xoguetes é unha iniciativa da OMIC que quere fomentar o consumo consciente e a economía circular. Este proxecto permítenos consumir mellor de forma responsable e respectuosa. 

COMO FUNCIONA?

O procedemento consiste na entrega de xoguetes mediante a entrega de cupóns.

A cambio dos xoguetes doados entregaránselle cupóns á persoa usuaria.

A cantidade dependerá do tipo de xoguete entregado: 1 cupón polos xoguetes pequenos, 2 cupóns polos xoguetes medianos, 3 cupóns por contos, 7 cupóns por xoguetes tipo disfraces ou xogos de mesa e 10 cupóns polos xoguetes grandes.

Posteriormente a persoa usuaria poderá intercambiar estes cupóns polos xoguetes que máis lle gusten dos expostos nese momento na tenda.

As persoas que non queiran cupóns ou que lles sobren poden regalalos ou deixalos na tenda para que o persoal da mesma entrégueos ás persoas que acudan a recoller sen entregar nada a cambio. Neste caso poderase limitar o número de entrega de cupóns a 10 por persoa. 

INSTRUCIÓNS

  • Non se aceptarán xoguetes que non estean en perfectas condicións para poder gozar dunha segunda vida nas mans doutros/as nenos/as.
  • Non se aceptarán xoguetes sucios, rotos ou deteriorados, nin xoguetes bélicos ou xoguetes que se venden como agasallo publicitario.
  • Todos os xoguetes deben ter a marca CE, símbolo que certifica que cumpren coa normativa europea de seguridade.

LUGAR

Instalacións da OMIC (Rúa Costa Palloza, 8 Pb., 15006 A Coruña)

Estrada da Palloza, 8

HORARIO

  • De luns a venres das 10.00 ás 19.00 horas
  • Sábados das 10.00 ás 14.00 horas
  • Domingos pechado

ACTIVIDADES

Realizaremos actividades para a cativada de 4 a 10 anos de idade.

Consultar o horario e o contido no documento que se achega ao final desta páxina.

Todas as actividades serán de balde e a inscrición farase na propia casa 15 minutos antes do comezo da actividade.

Capacidade limitada a 9 nenos/as por sesión.

Documentos:

Calendario-actividades.png (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión