Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de noviembre de 2023

A Casa dos Xoguetes 2023

Unha iniciativa pensada para fomentar o consumo consciente e responsable e darlle unha nova vida aos nosos xoguetes

A campaña ten como fin o fomento e concienciación do consumo responsable e a economía circular.

O procedemento consiste na entrega de xoguetes en perfecto estado de conservación polos que se recibirán cupóns  que poderán utilizar para intercambiar por outros xoguetes, regalar ou donar. A cantidade de cupóns dependerá do tipo de xoguetes entregados.

Non se aceptarán aqueles xoguetes que non se atopen en perfectas condicións para poder gozar dunha segunda vida en mans doutros nenos e nenas. Os xoguetes teñen que estar limpos e en bo estado. Non se aceptarán xoguetes sucios, rotos ou deteriorados, nin xoguetes bélicos, ou xoguetes que se venden como agasallo publicitario. Todos os xoguetes deben ter márcaa CE, símbolo que certifica que cumpren a normativa europea de seguridade

Aceptaranse un máximo de 10 xoguetes entregados por usuario ou usuaria.

Datas:

Estará aberta entre o 1 de decembro e o 5 de xaneiro

Horarios:

  • De luns a venres de 10:00 a 19:00 h ininterrumpidamente
  • Sábados de 10 a 14:00 horas
  • Domingos pechado

Localización: 

Instalacións da OMIC, Rúa Costa da Palloza, 8 

No tríptico que se achega está polo miúdo toda a información sobre o procedemento asi como as datas e horarios das actividades organizadas para nenos e nenas que se desenvolverán neste espazo.

Documentos:

Triptico-A-Casa-dos-Xoguetes.pdf (464 KB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión