A Tarxeta Coruña Millennium é a chave para pagar a túa viaxe en autobús, a O.R.A., ou utilizar os servizos das bibliotecas municipais. En breve, esta mesma "chave" permitirache realizar trámites administrativos dende o teu ordenador, reservar instalacións municipais, sacar entradas para concertos de rock ou a Sinfónica e mil cousas máis.
Pode obter máis información chamando ao 010 ou premendo no enlace A súa opinión conta.