Descarga Resume Memoria 2003 Saúdo da concelleira

En pleno século XXI, a cidade da Coruña quere ser unha cidade moderna, plural e acolledora. Dende o Concello da Coruña somos conscientes de que a vida urbana require cambios culturais profundos que sirvan de motor de transformación dunha sociedade diversa e aberta a múltiples influencias.

Nos últimos anos, a cidade da Coruña foi capaz de protagonizar unha transformación e modernización que a converteron nunha das cidades españolas máis atractivas. Esta transformación é o resultado da posta en marcha de múltiples programas e proxectos que tiñan (e seguen tendo) en común o desexo de modernización e participación social.

Por iso a cultura que ambicionamos para a nosa cidade debe admitir tanto os grandes eventos que as institucións poden promover, como todos aqueles actos culturais que xorden en diversos puntos da Coruña ou as innovacións artísticas de novos creadores. Debemos facer nosas estas manifestacións cidadás como mostra da riqueza e da pluralidade da nosa sociedade.

A oferta cultural e educativa municipal estivo enfocada fundamentalmente en converter os coruñeses, especialmente nenos e mozos, nos auténticos protagonistas dunha programación da que se presentan os resultados co desexo de que fósemos capaces de responder ás demandas que cada vez con meirande intensidade nos traslada a cidadanía.

Confiamos en que fósemos quen de responder a estas expectativas e para iso o Concello seguirá buscando alternativas e proxectos que satisfagan as necesidades culturais e educativas, dende ámbitos como a música, o teatro, as exposicións, a educación e outros moitos.

Carmen Marón Beltrán
Concelleira coordinadora da Área de Benestar e Cultura

 
 
   Ayuntamiento de La Coruña - Concello de A Coruña - 2004 Aviso Legal