|
A mellor virtude que hoxe pode ofrecer
A Coruña aos seus habitantes e a todos aqueles que acoden
a coñecela e a visitala é posiblemente a súa
calidade de vida, simbolizada nunha oferta cultural, deportiva e
de benestar case inigualable en España. A cidade ofrece hoxe
múltiples posibilidades de carácter lúdico
e de ocio, e nos últimos anos foi quen de protagonizar unha
transformación e modernización que a converteron nunha
das cidades españolas máis atractivas, ademais
de ser un dos principais puntos de referencia do noroeste peninsular.
A súa capacidade e o seu atractivo para captar investimentos
e o interese de miles de persoas que acoden cada ano a coñecela
vén fundamentalmente derivado da súa beleza, calidade de
vida e comodidade, ademais das súas infraestructuras
e das oportunidades que ofrece.
A oferta cultural e educativa requiriu a posta en marcha
de múltiples programas e proxectos que teñen en común
o desexo de modernización e interactividade, posto que cómpre
subliñar que a acción municipal enfocouse fundamentalmente
en converter aos coruñeses, especialmente nenos e mozos,
nos auténticos protagonistas dunha programación cuns
resultados que se presentan agora co desexo de ter sido quen de
responder ás demandas que cada vez con máis intensidade
trasladan os coruñeses.
Confío en que fosemos quen de responder
a estas expectativas e para isto o Concello seguirá buscando
alternativas e proxectos que saiban satisfacer as necesidades culturais
e educativas da cidade, desde ámbitos tan diversos como a
música, o teatro, as exposicións, a mocidade, o ensino
primario e outros moitos.
José Luis Mendez Romeu
Concelleiro de Educación e Cultura.
|