Memoria de Cultura ano 2001
 
 
Introducción
CULTURA
Arquivo Histórico Municipal
Banda de Música
Bibliotecas Municipais
Consorcio para a promoción da Música
Exposicións
Fundación Luís Seoane
I.M.C.E.
Museo Arqueolóxico
EDUCACIÓN
Centro Municipal de Información Xuvenil
Servicio de Educación
Escola de Música
MC2
Museos Científicos
TURISMO
Turismo e Congresos
 

Memoria IMCE Coruña Disfruta

A gran expansión da actividade cultural do Concello da Coruña levou, nalgúns ámbitos, á necesidade de descentralizar a súa xestión a través de formas que permiten unha mellor e máis áxil prestación de servicios. Co obxecto de dinamizar a oferta cultural e de ocio da cidade, o Concello da Coruña, creou un organismo autónomo, o "Instituto Municipal La Coruña Espectáculos".

A súa misión é potenciar o desenvolvemento das actividades culturais no seu conxunto. Con este fin o IMCE xestiona as instalacións municipais de espectáculos: Coliseo, Teatro Rosalía de Castro, auditorio e salas de cine do Forum Metropolitano onde se desenvolven os seus programas culturais (música, teatro, danza...). Como alternativa ás produccións realizadas neses recintos, e cunha clara vocación de servicio aos ciudadáns, naceron os "programas socio-culturais locais" que levan actividades culturais a diferentes barrios da cidade e fomentan a participación de grupos locais. A oferta cultural do IMCE complétase coa programación de actividades nos diferentes festexos populares da cidade.


 
Español: Galego:
 
 
Ayuntamiento de La Coruña - Concello de A Coruña - 2001 Aviso Legal