Memoria de Cultura ano 2001
 
 
Introducción
CULTURA
Arquivo Histórico Municipal
Banda de Música
Bibliotecas Municipais
Consorcio para a promoción da Música
Exposicións
Fundación Luís Seoane
I.M.C.E.
Museo Arqueolóxico
EDUCACIÓN
Centro Municipal de Información Xuvenil
Servicio de Educación
Escola de Música
MC2
Museos Científicos
TURISMO
Turismo e Congresos
ANTERIORES
Memoria de cultura 2000
 

Descarga Memoria Completa (3 Mb.) Memoria Cultura 2001

A principios do século XXI, a cidade da Coruña quere ser unha cidade moderna, plural e acolledora. A vida urbana, cada vez máis dinámica e aberta, require cambios culturais profundos que serán o principal motor de transformación dunha sociedade diversa e aberta a múltiples influencias: a mundialización económica, os movementos sociais, as tecnoloxías da información e da comunicación e a desigualdade de acceso que provocan, a configuración do Estado, o noso propio patrimonio e a nosa tradición; todos eles, xunto con outros, son elementos que inciden na cidade e nas súas manifestacións culturais.

Coido que todos estaremos de acordo en que a cultura que queremos para a nosa cidade admite os grandes eventos que as institucións poden promover, pero tamén actos culturais que xurden en diversos puntos da Coruña ou as innovacións artísticas dos creadores que van acadando un recoñecimento. Debemos acoller e facer nosas estas manifestacións cidadás como mostra da riqueza e pluralidade da nosa sociedade.

A oferta cultural e educativa requiriron a posta en marcha de múltiples programas e proxectos que teñen en común o desexo de modernización e participación social, posto que a acción municipal intentou que os coruñeses, especialmente nenos e mozos, sexan os auténticos protagonistas dunha programación cuns resultados que se presentan agora co desexo de responder ás demandas que cada vez con maior intensidade trasladan os coruñeses.

Confío en que foramos quen de responder a estas expectativas e para isto o Concello seguirá buscando alternativas e proxectos que saibann satisfacer as necesidades culturais e educativas da cidade, desde ámbitos tan diversos como a música, o teatro, as exposicións, a educación, e outros moitos.


 

 
Español: Galego:
 
 
Ayuntamiento de La Coruña - Concello de A Coruña - 2001 Aviso Legal