Memoria de Cultura ano 2001
 
 



Descargar Acrobat Reader
Para ver correctamente los documentos de la memoria descargue la última versión del Acrobat Reader TM
 
 
A construcción dunha cidade é un traballo solidario e é o esforzo fundamental das súas xentes o que permite sen dúbida calibrar o resultado dun traballo común que debe dar resposta, a través dos seus xestores, ás principais demandas dos propios cidadáns e a aqueles aspectos básicos no desenvolvemento armónico da sociedade, como poden ser a educación, a sanidade, a seguridade, o benestar social ou o emprego. Neste senso, o principal logro da Coruña, dos seus xestores e de toda a súa cidadanía, foi posiblemente colocar á cidade como punto de referencia de modernidade, ofrecendo unha boa calidade de vida e un equipamento cultural, social, educativo e de infraestructuras que non ten comparación con calquera outra cidade española do seu tamaño e incluso con outras moitas de maior capacidade económica e de dimensións.

Posiblemente, un dos grandes acertos da cidade foi ser quen de levar a cabo, de forma unida e solidaria, unha auténtica revolución social, cunha política que incidiu básicamente nas persoas, que por riba dos esforzos en infraestructuras, son as que realmente constrúen as ciudades. Neste esforzo foi fundamental a política educativa e cultural desenvolvida hasta agora, basada na universalización dos seus servicios, nun intento de que os nosos nenos, mozos e maiores dispoñan das mesmas oportunidades que calquera outra persoa de calquera outro país europeo e desenvolvido. O esforzo ben valeu a pena e os resultados son os que agora se presentan, ainda que este proceso educativo e cultural é continuo e non pode ter pausa algunha, polo que seguirá sendo fundamental o esforzo colectivo de todos os coruñeses.

Francisco Vázquez Vázquez.
Alcalde de A Coruña.

 
Español: Galego:
 
 
Ayuntamiento de La Coruña - Concello de A Coruña - 2001 Aviso Legal