Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Concello da Coruña solicita un ano máis a subvención para a limpeza de praias que outorga a Deputación da Coruña

En 2023 a axuda obtida foi de 25.219,43 euros

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 17/01/2024 ata o 31/01/2024

Xa rematou

A Deputación da Coruña convoca todos os anos o Programa de subvencións para a limpeza de praias marítimas nos municipios da provincia da Coruña, coa finalidade de contribuír a soster os gastos de contratación do servizo de limpeza de praias durante a tempada de baño.

En 2024 o Concello da Coruña concorre a esta convocatoria coa que espera, un exercicio máis, obter unha axuda que contribúa a sufragar o custo do traballo que desempeña a UTE A Coruña Limpeza nas praias de Orzán, Riazor, Matadoiro, Santo Amaro, As Lapas, Oza-Lazareto e O Portiño entre o 15 de xuño e o 15 de setembro de cada ano. Na convocatoria de 2023 recibíronse 25.219,43 euros por este concepto.

A limpeza de praias en tempada estival é unha tarefa esencial para permitir manter a funcionalidade múltiple duns areais que, durante o día, acollen bañistas e deportistas e polas noites a miles de cidadáns que gozan dos eventos culturais programados no calendario festivo. A iso engádese, en veráns como o pasado, a dificultade de facer fronte a incidencias como a recollida de exemplares de medusas que chegaron, inusualmente, á costa galega.

Para 2024 o Concello da Coruña solicita 33.840 €, o importe máximo que este programa lle outorga a cada candidato.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión