Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de marzo de 2014

O venres un grupo de escolares plantará un total de 15 carballos no parque de Santa Margarita

Un total de 375 escolares participan na celebración dos Días da Árbore, do Mar e da Auga

A Casa da auga acollerá, ata o xoves, actividades como a construción dunha minipotabilizadora ou a plantación dunha semente nun invernadoiro realizado a partir dunha botella baleira

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Medio Ambiente, informa de que, durante toda esta semana, ata o vindeiro venres 21 de marzo, un total de 375 escolares coruñeses de Primaria participarán nas actividades que o departamento que dirixe Enrique Salvador deseñou con motivo da celebración dos Días da Árbore, do Mar e da Auga.

Ata o xoves, a Casa da Auga acolle, en horario de 10.00 a 12.15 horas, unha serie de actividades que pretenden concienciar os máis pequenos sobre a importancia da sostenibilidade e de practicar unha convivencia en harmonía e igualdade tanto coas persoas como coa natureza. Trátase de que comprendan que o compromiso individual repercute tanto no presente como no futuro, para manter e legar un medio ambiente san.

Desta forma, propóñense actividades concretas que, a través de xogos, informarán e concienciarán os escolares sobre temas como os espazos verdes na cidade, as funcións das árbores na Coruña, o medio mariño, a pesca sostible e os diferentes tipos de pesca, a auga e o proceso de potabilización ou a reutilización de residuos. De feito, as persoas participantes terán a oportunidade de construír unha minipotabilizadora ou plantar unha semente dunha árbore nun invernadoiro realizado a partir dunha botella de auga baleira.

As actividades finalizarán o venres, 21 de marzo, Día da Árbore, con actividades que se desenvolverán no parque de Santa Margarita, entre as que destaca a plantación de 15 carballos por parte dun grupo de alumnos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión