Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de maio de 2014

Os coruñeses reciclaron máis dun millón de pilas durante o 2013

Supón unha porcentaxe do 53% de recuperación sobre o posto no mercado, cifra que supera o 25% fixado pola Directiva Europea e o Real decreto de pilas

O Concello da Coruña, a través da Área de Medio Ambiente, que dirixe Enrique Salvador, informa de que a cidade da Coruña sitúase na vangarda europea e mundial na reciclaxe de pilas, xa que durante o 2013 recuperáronse 30.621,88 quilogramos de pilas, cifra que supón case 1,2 millóns de unidades e un índice de recollida que supón arredor do 11% máis con respecto ao ano anterior.

A porcentaxe de reciclaxe é dun 53% sobre o posto no mercado coruñés, unha cantidade que, por unha banda, está moi por encima do 25% fixado pola Directiva Europea e o Real decreto de pilas e, por outra, supera o obxectivo fixado para o 2016 do 45%.

Tal e como informa a concellería, na Coruña existen tres vías diferentes de recollida de pilas:

- O Concello dispón de máis de 1.000 puntos en colectores de 10, 15 e 25 litros en diferentes establecementos públicos e privados da cidade como supermercados, comercios, bancos ou edificios oficiais. A concesionaria municipal CESPA é a encargada da recollida e do seu traslado á planta de tratamento de residuos de Nostián.

- Existen outros puntos situados en grandes supermercados que recolle o Sistema Integrado de Xestión Cega.

- Existen 6 unidades de grandes colectores nas rúas Barcelona, Ramón y Cajal, Ángel Senra, Alcalde Suárez Ferrín, praza de Pontevedra e Campus de Elviña, unidades en 4 grandes superficies comerciais, así como en 15 establecementos da cidade. Esta recollida realízaa ERP a través de tres xestores: Ecopil, Ecoquímica e Limco.

O Concello da Coruña agradécelle á cidadanía a súa concienciación e implicación en materia de reciclaxe de pilas e anima os coruñeses para seguir por este camiño. Informa de que a través do 010 as persoas interesadas poderán coñecer cal é o colector de pilas máis próximo á súa casa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión