Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de febreiro de 2014

O Plan RUA actuará en máis de 58.000 metros cadrados do barrio de Monte Alto

Durante sete días, acondicionaranse 45 rúas e prazas da contorna das rúas da Torre e Orillamar.

O Concello da Coruña informa de que dende hoxe, xoves 13 de febreiro, e ata o próximo día 20 o Plan RUA realizará unha actuación integral no barrio de Monte Alto, en concreto, na contorna das rúas da Torre e Orillamar.

Durante os próximos sete días esta iniciativa actuará nunhas 45 rúas e prazas da zona, o que supón unha superficie de 58.800 metros cadrados. Realizaranse distintas actuacións como limpeza e aseo de calzadas, rúas e prazas, colectores e rede de sumidoiros; mantemento de zonas verdes; ou reparación de distintas incidencias. Participarán un total de 30 servizos municipais para conseguir espazos máis limpos, sostibles e ordenados coa colaboración dos veciños. En concreto realizaranse os seguintes traballos:

- Baldeo de beirarrúas, calzadas e prazas.

- Limpeza e mantemento de mobiliario urbano.

- Reposición de 3 colectores.

- Reposición de 2 papeleiras.

- Limpeza duns 2.400 metros lineais da rede de sumidoiros da zona. Limpeza e mantemento duns 130 pozos da rede de sumidoiros e de 140 sumidoiros.

- Colocación de 490 cebos (desratización) en 220 arquetas da rede de sumidoiros.

- Mantemento de zonas verdes.

- 55 actuacións de iluminación pública.

- Mantemento de 1 marquesiña e 5 indicadores de dirección.

- Pintado de 4 pasos de peóns.

- Limpeza e mantemento de semáforos.

- Inspección de vehículos abandonados.

- Presenza do punto limpo móbil.

O Plan RUA aproveita esta iniciativa, que durante a súa actuación deixa as rúas baleiras de coches, para realizar un especial esforzo na detección de vehículos abandonados. Por este motivo, o Concello fai un chamamento á cidadanía para que colabore e para iso danse facilidades aos propietarios que queiran cursar a baixa dun vehículo. Neste sentido, a empresa concesionaria encargada da retirada de vehículos e do seu tratamento como residuo, aboaralle ao propietario 50 euros e realizará todas as xestións de tráfico necesarias, tras concertar unha cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 70 11 57, en horario de 09.30 a 13.30 horas e de 15.30 a 19.30 horas. Durante a última actuación do Plan RUA en Elviña 2ª fase, os operarios detectaron un total de 9 vehículos abandonados.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión