Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de abril de 2014

O Plan RUA 2014 leva a súa actividade ao barrio do Ensanche

Durante 6 días a iniciativa chegará a 30 rúas e prazas da zona actuando sobre un total de 36.650 metros cadrados

O Concello, a través da Concellería de Medio Ambiente que dirixe Enrique Salvador, informa de que o Plan RUA inicia a súa actividade no barrio do Ensanche. Así, durante os próximos 6 días a iniciativa chegará a 30 rúas e prazas da zona actuando sobre un total de 36.650 metros cadrados.

Realizaranse distintas actuacións como limpeza e aseo de calzadas, rúas e prazas, e mobiliario urbano; mantemento de zonas verdes; ou reparación de distintas incidencias, entre as que destacan as relacionadas coa iluminación pública, entre outras. Participarán un total de 30 servizos municipais para conseguir espazos máis limpos, sostibles e ordenados coa colaboración dos veciños. En concreto, levaranse a cabo as seguintes actuacións:

- Baldeo de beirarrúas, calzadas e prazas.

- Limpeza e mantemento de mobiliario urbano.

- Reposición de 13 colectores.

- Limpeza duns 2.500 metros lineais da rede de sumidoiros da zona. Limpeza e mantemento duns 160 pozos da rede de sumidoiros e de 180 sumidoiros.

- Colocación de 170 cebos (desratización) noutras tantas arquetas da rede de sumidoiros.

- Mantemento de xardíns e zonas verdes.

- Presenza do punto limpo móbil.

- 43 actuacións en iluminación pública.

- Mantemento de 4 marquesiñas e 6 mupis.

- Pintado de 4 pasos de peóns e 10 semáforos.

- Durante os días de actuación do Plan RUA na zona, ao non haber coches estacionados nas rúas, realízase a detección de vehículos abandonados.

Nesta seguda fase, a iniciativa chegará á Sagrada Familia (do 25 de abril ao 5 de maio), Adormideras (do 6 ao 8 de maio) e Os Rosales (do 9 ao 16 de maio), onde concluirá esta segunda fase.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión