Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de outubro de 2014

O Concello realiza o 8 de novembro un magosto no Parque dos Nacementos

O Goberno local enviará unha invitación por carta a todas as familias que, no 2014, tivesen fillos

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Medio Ambiente que dirixe Enrique Salvador, informa da realización, o próximo 8 de novembro, dun magosto no Parque dos Nacementos de Eirís.

O pasado mes de marzo, Medio Ambiente promoveu a plantación de 366 castiñeiros que formaron o Parque dos Nacementos, unha iniciativa cuxo obxectivo era crear un bosque de 40.000 metros cadrados en pleno Parque de Eirís en homenaxe a cada neno ou nena nacido e empadroado na cidade. Cada castiñeiro representa un día do ano e está dedicado a cada un dos nenos que nazan ese día. Cada neno recibe un pasaporte no que se identifica á árbore dedicada e tamén, a través dunha foto, queda rexistrado o menor e a súa familia. Así, a cada novos pais entrégaselles un exemplar personalizado cos datos do recentemente nado e a súa irmá árbore correspondente. O pasaporte, que ten unha aparencia similar á dun Libro de Familia, contén textos didácticos sobre as árbores, o castiñeiro, o seu froito e as tradicións e festas da cultura galega relacionadas con esta especie arbórea e páxinas en branco para escribir anécdotas ou engadir fotografías.

Con esta iniciativa, que forma parte das actividades de concienciación da Concellería, pretendeuse, ademais crear un escenario ideal para a realización de xornadas familiares. Neste sentido, o Goberno local organiza o 8 de novembro un magosto entre as 16.00 e as 20.00 horas para o que enviará unha invitación, a través de carta, a todas as familias que, ao longo do 2014, tivesen fillos.

O programa de actividades inclúe degustación de castañas, actuacións de música e danza tradicional galega, taller de xogos populares, taller de decoración de cornetes para castañas e unha sesión de contacontos.

Documentos:

Cartel magosto (2 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión