Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de novembro de 2014

O noso Sistema de Información Ambiental recibe o "Premio Medio Ambiente Aproema 2014"

O galardón referenda os esforzos desenvolvidos polo Servizo de Medio Ambiente en facilitar o libre acceso á información ambiental á cidadanía.

O Sistema de Información Ambiental Municipal recibiu no día de onte no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela, o premio Medio Ambiente APROEMA 2014 (Asociación Profesional de Empresas de Medio Ambiente de Galicia), na categoría entidades públicas-concellos.

Trátase da culminación dun traballo desenvolvido entre os anos 2012 e 2013 para dar visibilidade ao conxunto de datos ambientais dispoñibles no Servizo de Medio Ambiente tanto en tempo real, procedentes das redes de vixilancia, como de todos os estudos ambientais desenvolvidos polo Concello, integrando así toda a información ambiental relativa a niveis de calidade de aire existentes e previstos, niveis de ruído, niveis de campos electromagnéticos, contaminación lumínica, plans de xestión de olores, datos meteorolóxicos e pans de acción. A través do enderezo www.coruna.es/infoambiental a cidadanía poden acceder a este sistema e consultar datos en tempo real, datos territoriais, informes de avaliación e información divulgativa. En concreto, estes son os contidos específicos que se poden consultar:

  • Datos a tempo real. Permite consultar datos temporais, accesibles mediante localizacións da rede de vixilancia en visor SIG, obtención de gráficos e táboas cos resultados, índice de calidade do aire (ICA) para hoxe e os seus ICA parciais, así como de formularios para a consulta de datos por datas, estación e contaminante (Calidade do Aire, ruído e emisións radioeléctricas e meteoroloxía), os que se mostran a modo de táboas de datos e gráficos.
  • Datos históricos validados. Formularios para a consulta de datos históricos validados por datas, estación e contaminante (aire, ruído e emisións radioeléctricas e meteoroloxía), os que se mostrarán a modo de táboas de datos e gráficos.
  • Predicións de calidade do aire. Mediante un modelo de predición da dispersión da contaminación atmosférica preséntanse mapas dos valores de contaminación previstos nas próximas 48 horas.
  • Mapas de contaminantes. Mostra os mapas de emisión e inmisión dos diferentes contaminantes a través de visor SIG. Nel pódense atopar inventarios de emisións atmosféricas, os mapas de ruído, emisións lumínicas ou emisións radioeléctricas, grazas a unha xeodatabase.
  • Predicións atmosféricas. Froito do convenio coa Axencia Estatal de Meteoroloxía móstranse os mapas de prognóstico do tempo para a cidade.
  • Outra información web: Breve descrición da Rede de Vixilancia, dos principais contaminantes, lexislación, valores límite e de referencia, recomendacións en caso de superacións, explicación do índice de calidade do aire, informes anuais e outros documentos de interese. Descrición da Rede de Vixilancia de emisións radioeléctricas, descrición da rede de telefonía na Coruña e catálogo de técnicas de mimetización. Descrición da Rede de Vixilancia, descrición da lexislación e valores límite e de referencia aplicables, documentos xerados pola Rede de Vixilancia (informes, procedementos, etc…) así como outra documentación de interese. Descrición da Rede Meteorolóxica e valores climatolóxicos.
  • Paneis de información á poboación. As estacións de vixilancia da calidade do aire dispoñen de paneis de información á poboación nos que se ofrece información en tempo real da calidade do aire, ruído e outros parámetros ambientais.
  • Información en tempo real a través de Twitter. Aproveitando as novas formas de comunicación a través das redes sociais, recentemente creouse un perfil de Twitter (@airecoruna) a través do que se pode obter un resumo dos datos do sistema de información de calidade do aire cada hora.

O CIEMAT (Centro de Investigacións Enerxéticas, Ambientais e Tecnolóxicas) recoñeceu este Sistema de Información Ambiental como dos máis completos na actualidade no ámbito municipal, situando A Coruña por encima de cidades como Madrid ou Zaragoza.

Polo seu carácter innovador e tecnolóxico foi seleccionado igualmente para a súa integración na plataforma Smart City da Coruña.

O dito sistema está certificado coas normas ISO 14001 e ISO 9001.

Páxina web:

http://www.aproema.com/

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión