Condicións do servizo
1.- Titular:
AUTOCARES ANTONIO VÁZQUEZ, S.A.
NIF: A 15039563
2.- Dirección da instalación:
C/ Severo Ochoa, s/n.
Polígono A Grela
15008 A Coruña
3.- Actividade:
Establecemento de autocares, con lavadoy subministración de combustible
CNAE: 49.39. Transporte de pasaxeiros
RDPH: Clase 1. Grupo 0. Servizos
4.- Tipoloxía de augas residuais:
- Vertedura composta por augas fecais sanitarias, con augas procedentes do lavado de autobuses e pluviais hidrocarburadas.
- Vertedura de augas pluviais.
- O Concello da Coruña ten rede unitaria neste punto.
5.- Coordenadas UTM arqueta toma mostras. Pluviais hidrocarburadas. Saída do separador de hidrocarburos:
X: 545.978
E: 4.800.075
6.- Coordenadas UTM, arqueta control, unión de fecais con hidrocarburadas:
X: 545.985
E: 4.800.064
Datum ETRS 89
FUSO 29
7.- Volume auga consumida da Rede Pública Municipal:
2.360 m3/ano (aproximadamente).
8.- Valores límite de emisión e parámetros a controlar:
Valor medio diario máximo | Valor instantáneo máximo | |
Aceites e graxas | 100 mg/l | 150 mg/l |
Amoníaco | 30 mg/l | 30 mg/l |
Condutividade | 5.000 mµ/cm | 5.000 mµ/cm |
DBO5 | 500 mgO2/l | 1.000 mgO2/l |
DQO | 1.000 mgO2/l | 1.500 mgO2/l |
Hidrocarburos totais | 15 mg/l | 15 mg/l |
Nitróxeno amoniacal | 30 mg N/l | 50 mg N/l |
Nitróxeno Kheldajl | 40 mg N/l | 50 mg N/l |
PH | 5,5 - 9 | 5,5 - 9 |
Sólidos en suspensión | 500 mg/l | 1.000 mg/l |
Tensioactivos aniónicos | 6 mg MBAS/l | 20 mg MBAS/l |
9.- Horario de Vertedura:
Caudal uniforme todo o ano en horario de apertura do establecemento.
10.- Prazo para adaptarse aos límites de vertedura:
Segundo a documentación achegada, xa cumpre a instalación neste momento os límites de Vertedura.
11.- Programa de control de Verteduras:
. A toma de mostras e as analíticas, hanse de efectuar por laboratorio homologado.
. Cada trimestre, efectuarase unha analítica dos elementos do apartado 8) desta Autorización.
. Cada ano enviaranse ao Concello as analíticas trimestrais e anuais efectuadas.
. Cada ano enviaranse ao Concello os documentos de xestión de servizos do separador de hidrocarburos e os lodos do lavado.
. Cada ano enviásense ao Concello os datos do consumo anual de auga da Rede Pública.
. Cada ano enviarase copia actualizada da resolución de aprobación do informe de chans e o seu seguimento.
12.- Prazo e validez do permiso de Vertedura:
Oito anos desde a notificación da concesión da Autorización de Vertedura, salvo os condicionantes do Artigo 15.5 da citada Ordenanza Municipal.
13.- Actuacións e medidas que deben de ser postas en caso de emerxencia:
. Se unha analítica das recollidas trimestralmente dá valores por encima dos límites, deberá de comunicarse, antes de 24 horas ao Concello para tomar as medidas oportunas.
. Para calquera incidencia desde o punto de vista de verteduras, aplicarase o Plan de Emerxencia da propia empresa, que forma parte deste expediente
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible