Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de febreiro de 2017

O Concello "avanza na mellora da xestión ambiental" das instalacións municipais ao renovar as certificacións de calidade de eficiencia enerxética

María García salienta o compromiso do Goberno local coa transparencia, ao ser recoñecida pola normativa internacional a accesibilidade á información sobre a calidade do aire na Coruña

O Concello da Coruña vén de reafirmar o seu compromiso cun uso racional e sustentable da enerxía nas instalacións municipais ao renovar a certificación relativa ao seu sistema de xestión da enerxía. En concreto, o Goberno local manterá a ISO 50001, a certificación da normativa internacional desenvolvida pola Organización Internacional para a Estandarización que establece os requisitos para manter e mellorar estes sistemas de xestións.  "Dentro do avance na sustentabilidade da administración local, vimos de renovar dúas certificacións que salientan o compromiso do Goberno local coa mellora da xestión ambiental nas instalacións municipais", afirmou a concelleira de Medio Ambiente, María García, quen destacou o traballo da nova Oficina do Cambio Climático, xa que o mantemento desta confirmación é un dos compromisos incluídos no seu plan de acción, presentado o pasado mes de abril. "A Oficina fai unha avaliación e apoio constante sobre o sistema de xestión da enerxía nos edificios municipais e asume a coordinación da súa aplicación. A normativa internacional confirma que este labor se está a facer, e que se fai dun modo correcto e satisfactorio ao cumprir coa mesma", asegurou.

A certificación da ISO 50001 aplícase ás actividades, instalacións e decisións vinculadas ao uso e consumo de enerxía eléctrica en 47 edificios municipais, entre os que se atopan, entre outros, o Parque de Bombeiros, o Pazo de María Pita, os Museos Científicos, a rede de Centros Cívicos, o Centro Municipal de Emprego ou o Fórum Metropolitano, entre outros espazos. "Esta renovación lexitima os compromisos e actuacións en materia medioambiental que o executivo está a realizar", sinalou a edil, quen avanzou que o Goberno local "espera ampliar nos próximos anos" a rede de instalacións sometidas á normativa.

Por outra banda, o Concello tamén renovou no mes de xaneiro a certificación ISO 9001, relacionada coa Rede de Vixilancia da Calidade do Aire. Este sistema de xestión afecta ao conxunto da prestación do servizo de avaliación e información dos datos que proceden desta rede, entre as que se inclúen as estacións de medición da calidade do aire de Santa Margarita, Pablo Iglesias, San Diego e Bens, de así como do seu mantemento. A edil salientou que a conformidade da normativa co mantemento da ISO 90001 "premia tamén o compromiso coa transparencia e o acceso á información ambiental por parte do Goberno local, xa que a cidadanía pode coñecer, de primeira man, os datos da calidade do aire da súa cidade que, en xeral, son bos",  apuntou. A responsable municipal lembrou que a información das estacións, "que é actualizada constantemente", se pode consultar na web www.coruna.gal/infoambiental.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión