Industria
O sector industrial estivo tradicionalmente vinculado á xeración
de problemas ambientais debido principalmente a que a implantación das
empresas de maior tamaño e grao de contaminación se produciu en
épocas nas que a sensibilización polo medio ambiente era escasa
e o desenvolvemento de políticas en favor da produción limpa eran
inexistentes. Primaba, polo tanto, o factor económico sobre o resto dos
piares da sostenibilidade, característica principal dos países en
vías de desenvolvemento, como a España dos anos 60-70.
Co paso dos anos a incorporación de España á Unión
Europea trouxo consigo a aceptación de forma implícita do modelo
de política ambiental que dende había moitos anos viñan
exercendo outros países, con máis tradición na protección
do medio ambiente, principalmente do norte de Europa, polo que a presión
sobre a industria contaminante foi en continuo crecemento ata os nosos días.
As normas sobre xestión dos residuos, sobre control de emisións
á atmosfera, sobre vertidos, e en xeral aquelas que empezaron a aplicar
o criterio de que quen contamina paga, viñeron a limitar os excesos que
noutra época eran considerados intrínsecos á produción
industrial.
As solucións para as industrias existentes non son nada fáciles,
e polo tanto figuras como o “Pacto Ambiental”
intentan paliar de forma transitoria a dificultade para adaptarse aos valores
límite que fixa a normativa en vigor, especialmente á Lei
de prevención e control integrado da contaminación (IPPC).
Así mesmo, e para a mellora continua, comezan a proliferar de forma
considerable os certificados segundo normas ISO 14000 e EMAS
nas empresas industriais, o que garante, cando menos, unha especial predisposición
destas actividades cara á protección do medio ambiente e polo
tanto do contorno no que se localizan, motivo polo cal o número delas
presentes nun municipio considérase un bo indicador de sostenibilidade
no marco da Axenda 21 Local.
Un novo paso estase dando nalgunhas empresas coa elaboración das , coas que se pretende integrar a filosofía
de Axenda 21 no seu funcionamento.
Este apartado
nace co obxectivo de propiciar que no prazo máis breve posible, mediante
convenios de colaboración con asociacións empresariais e colectivos
profesionais, se poida crear un punto de encontro entre a Área de Medio
Ambiente e o sector empresarial da cidade que permita unha solución aceptable
aos problemas relacionados con este sector dunha forma participativa, mediante
a promoción dos sistemas de produción limpa e a correcta xestión
medioambiental.
A estrutura será a mesma que para o resto de sectores, é dicir,
unha parte de divulgación con enlaces á parte
do banco de datos que
lle corresponda, como por exemplo ao inventario industrial,
aos datos dos polígonos industriais, un acceso aos apartados
da oficina virtual , principalmente
solicitudes, trámites, denuncias e o consultorio, e outro enlace ao centro
de publicacións no que se refire aos proxectos tipo, memorias
resumo, estudos de impacto ambiental, guías MTD e autoavaliacións
ambientais, para finalizar nun amplo contido en normativa
específica en materia de medio ambiente e seguridade industrial.
|