Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Estrella Parque de la Torre
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Así respira A Coruña

Case o 75 % da poboación europea vive nas cidades. A realización das actividades cotiás xera unha serie de contaminantes que se acumulan na atmosfera urbana. A Coruña como unha cidade de tamaño medio con case 250.000 habitantes non é allea a estes problemas.

A calefacción das vivendas, as chemineas das industrias e os tubos de escape dos vehículos de motor (case 600 millóns de vehículos no mundo) producen gases derivados da combustión de enerxías fósiles, fundamentalmente derivados do petróleo. Estes gases acumúlanse formando unha nube que envolve a cidade, visible dende zonas elevadas do extrarradio, especialmente naqueles días nos que o clima impide que esta nube se eleve e se disipe na atmosfera superior. Isto é o que se coñece como "smog". Na propia cidade da Coruña, o transporte é o principal causante desta atmosfera, producindo case o 60 % dos contaminantes atmosféricos. A grande afluencia de coches e camións que se moven polas vías locais provocan unha emisión continua de gases, e esta acumulación é máis grave a nivel do chan.

Fronte a esta problemática, común a todas as cidades desenvolvidas, as iniciativas que contribúan á redución das emisións redundan nunha mellora da calidade ambiental da atmosfera, en definitiva, unha mellora da calidade de vida na nosa cidade. Non só as medidas municipais, senón cada un dos cidadáns, debemos tomar parte coa nosa actitude: o uso dos transportes colectivos, reducir a dependencia dos combustibles fósiles coa utilización de, por exemplo, vehículos eléctricos e mesmo unha condución máis ecolóxica.

viernes 03 de septiembre de 2010
  » Clima  
» Previsións
» Xestión da calidade do aire
» Proxectos
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Atmosfera
© Aviso legal