Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Estrella Parque de la Torre
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 A xestión da calidade do aire

As limitacións espaciais do territorio municipal da Coruña e as súas necesidades de crecemento ocasionaron que en determinadas zonas o uso residencial se integre ao longo dunha fronteira case imperceptible coas zonas industriais e comerciais existentes, especialmente nos polígonos da Grela e de Pocomaco.

A xestión da calidade do aire é unha prioridade dentro da política ambiental municipal, polo que se previu afrontar diferentes actuacións encamiñadas a coñecer, detectar, actuar, informar, planificar e previr a contaminación.

A primeira medida foi diagnosticar o estado do municipio no proceso da  Axenda 21 Local , onde se detectaron os puntos fortes e débiles do sistema.

O seguinte paso foi profundar a través do inventario de fontes emisoras de contaminantes industriais, como paso previo a calquera medida encamiñada ao control das inmisións. Os datos aquí obtidos servirán de base para a realización de modelos de dispersión de contaminantes no termo municipal e para a correcta localización das estacións de medida da calidade do aire.

domingo 01 de agosto de 2010
  » Clima  
» Previsións
» Xestión da calidade do aire
» Proxectos
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Atmosfera
© Aviso legal