Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Puerto deportivo iluminado
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Aforro enerxético

Cando en cada un dos nosos fogares apagamos as luces, calefaccións ou aparatos eléctricos que non estamos utilizando, non só lle aforramos o gasto de enerxía á nosa economía doméstica. Tamén llo aforramos ao planeta. A aposta cada vez maior polas enerxías renovables vai nesta mesma dirección: reducir ao mínimo o impacto que as nosas necesidades lle poidan ocasionar ao medio ambiente global e local. Ou o que é o mesmo: construír un mundo máis sostible e xusto para todas as persoas de hoxe e para as do mañá, sen por iso comprometer as necesidades do resto de criaturas coas que compartimos a Terra.

Esta mesma é a filosofía que adoptou o Concello da Coruña. As súas dependencias municipais xa producen máis enerxía da que consomen. Este obxectivo logrouse grazas á posta en marcha dunhas modernas instalacións que aproveitan para a produción de enerxía eléctrica e térmica tanto o gas natural coma o biogás producido na  Planta de Nostián  e no antigo vertedoiro.

Ademais, este esforzo aforrador compleméntase continuamente coa mellora do rendemento dos equipos, a través de diversas estratexias que inclúen a súa renovación e automatización.

 Enerxías 


domingo 14 de marzo de 2010
  » Coxeración  
» Xestión sostible iluminación
» Enerxías limpas na Coruña
» A aula da enerxía
» Proxectos
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Enerxía
© Aviso legal