A aula da enerxía
Transmitirlle á cidadanía, especialmente á poboación
escolar, os coñecementos necesarios sobre as enerxías limpas existente
é o obxectivo da Aula das Enerxías.
Este proxecto desenvolverase, na súa versión física,
no edificio da Planta de Coxeración do Parque de Bens,
e a súa configuración e as actividades asociadas están
sendo motivo de estudo e de análise para que a interactividade sexa a
súa principal característica.
A versión virtual estrutúrase en tres apartados:
“O aforro enerxético” propón unha serie de consellos útiles e moi doados de levar a cabo para reducir o consumo de enerxía a través dun percorrido interactivo por tres contornos diferentes (casa, transporte e oficina). Con este aforro gañas ti e gaña o medio ambiente.
Na sección de “A vivenda eficiente” descubrirás un modelo de vivenda que reúne as características idóneas para o mellor aproveitamento enerxético e respecta ao máximo o noso contorno.
Por último, en “As enerxías renovables” coñecerás máis de preto as enerxías non contaminantes e inesgotables que xorden como alternativas ás xeradas por combustibles fósiles ou isótopos radioactivos. Comprobarás graficamente como funciona unha presa hidroeléctrica, como producen enerxía os residuos orgánicos…
Podes acceder á Aula das Enerxías facendo clic no botón que aparece a continuación. A información de cada apartado complétase con varios arquivos PDF que poderás descargar, simplemente, premendo sobre as iconas correspondentes.
Aula das Enerxías
|