A auga na Coruña
A auga é esencial para a vida. E por suposto, tamén para a vida
dunha cidade como A Coruña. Pero a cantidade total de auga do planeta é
constante e non se pode incrementar. Por iso é fundamental preservar a
súa calidade e establecer sistemas de uso persoal e comunitario que eviten
a súa degradación. Este é o noso reto.
A Coruña, unha cidade-península rodeada polo mar, conta cun complexo
sistema de captación e distribución de auga potable. A xestión
da oferta e a demanda deste ben, tan común como crucial para todos, lévase
a cabo dende a
Empresa Municipal de Aguas de A Coruña, S.A. , da que é
propietario nun 100% o Concello. Os servizos prestados por EMALCSA consisten,
basicamente, no abastecemento de auga, na limpeza da rede de sumidoiros e no
pretratamento da auga residual. EMALCSA tamén abastece
os municipios colindantes de Oleiros, Culleredo, Arteixo, Sada, Bergondo, Cambre
e Carral.
Ciclo da auga
|