Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Niños reciclando
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Pilas

A enerxía portátil: Os primeiros deseños de pilas, de hai máis de 200 anos, fóronse transformando ata convertérense nas actuais pilas, de alta potencia e máxima duración, capaces de proporcionar enerxía portátil en calquera situación e lugar.

A gran virtude é a autonomía enerxética que son capaces de proporcionarnos, para utilizar dende lanternas ou radios ata marcapasos para corazóns. Unha enerxía portátil para todas as ocasións.

Unha enerxía que nos custa cara: A autonomía que as pilas nos ofrecen para utilizar unha gran diversidade de aparatos onde queiramos non é gratuíta. A súa gran versatilidade ten algunhas contrapartidas que debemos coñecer cando as utilizamos.
 Custo económico: a electricidade que xera unha pila é ata 450 veces máis cara cá que se produce na rede eléctrica.
 Custo ambiental: os compoñentes químicos das pilas poden resultar moi contaminantes se non se lles dá o tratamento axeitado unha vez esgotadas.

Unha familia complicada: No mercado dispoñemos dunha gran variedade de pilas que ás veces fainos difícil escoller as máis axeitadas segundo o uso que lles queiramos dar. Fagamos un intento:
 Pilas botón: O seu aspecto é inconfundible. As que conteñen mercurio son moi contaminantes. As de litio, pola contra, son unha alternativa interesante. Un só botón de mercurio pode contaminar toda a auga que bebería unha familia de catro persoas ao longo da súa vida!
 Pilas salinas: Dentro das pilas modernas, son as máis antigas, de cinc e carbón, empregadas dende hai décadas. Ofrecen menos duración e potencia, pero o seu contido en produtos tóxicos é moi baixo. Por iso están entre as menos contaminantes.
   Pilas alcalinas: Puxéronse de moda pola súa longa duración e potencia. Isto conségueno á conta de empregar mercurio, o que as converte en moi tóxicas. No mercado, algunhas marcas xa substitúen o mercurio por produtos non perigosos.
   Pilas verdes: Son un grupo de pilas que se fabrican sen contido de mercurio ou cunha concentración moi baixa. Ao mellor recoñécelas co nome de "ecopilas" ou "biopilas". Case non contaminan, e esta é a súa meirande vantaxe.
 Pilas recargables: Existe un tipo de pilas que unha vez esgotadas non deixan de ser útiles, porque se poden recargar ata 1.000 veces, polo que o seu ciclo de vida é moi longo. Actualmente resultan máis caras e precisan dun cargador especial, pero a longo prazo acaban sendo rendibles e máis económicas.

E cando se esgotan...? Que lles pasa ás pilas cando son depositadas nos vertedoiros sen condicións especiais para elas? Neste caso ou cando quedan abandonadas en calquera outro lugar, co paso do tempo, as pilas perden a carcasa e vértese o seu contido. Estes compoñentes pódense filtrar ao subsolo e contaminar as augas subterráneas ou o propio solo, incorporándose ás cadeas de alimento, co que poden chegar de novo ata nós.

Por iso cómpre darlles un tratamento axeitado, separándoas do ciclo habitual dos demais residuos.

Que podemos facer os consumidores para reducir ou evitar o perigo contaminante das pilas?
 Merca e utiliza o tipo de pila máis axeitado ao aparato que vaias usar e sempre que poidas escólleas sen mercurio nin cadmio.
 Pásate ás pilas recargables. O investimento inicial veralo compensado en pouco tempo.
   Reduce a cantidade de pilas que consomes. Sempre que sexa posible utiliza a enerxía eléctrica da rede en vez das pilas.
   Hai moitos aparatos que non necesitan pilas para cumprir a súa función e outros que as substituíron, por exemplo, por pequenas placas solares (coma as calculadoras).
   Nunca tires as pilas ao lixo. Deposítaas nos colectores de recollida selectiva que hai para elas.

Para aclarar calquera dúbida sobre:
 Recollida selectiva de pilas.
 Solicitar colectores para ser establecemento colaborador.
   Retirada ou substitución do colector.
   Baleirar os colectores cheos, etc.

Ponte en contacto co teléfono de atención cidadá: 010.

 

domingo 14 de marzo de 2010
  » Filosofía  
» Plan RU
» Separación en orixe
» Recollida de residuos urbanos
» Planta de Nostián
» Recuperación de Bens
» Residuos especiais
» Convenios
» Proxectos
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Residuos e solos
© Aviso legal