Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Niños reciclando
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Filosofía europea

No contexto europeo de xestión e tratamento dos residuos destaca a aprobación en 1973 por parte do Consello Europeo do Primeiro Programa de Acción en Materia de Medio Ambiente. Nel plásmanse os principios e os obxectivos dunha política comunitaria ambiental que diminúa os efectos de problemas como a contaminación atmosférica e os vertidos no medio. Despois doutros importantes documentos intermedios, en 1993 publicouse o V Programa de Política e Actuación en Materia de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, co subtítulo de "Cara a un desenvolvemento sostible". Ademais dunha continuación dos anteriores programas, recolle as propostas e recomendacións encadradas na  Axenda 21  e na "Cumbre de la Tierra de 1992".

A partir deste programa desenvolveuse en 1994 a Directiva CEE de envases e residuos de envases. Previamente xa existían outras normativas europeas, e era a última ata ese momento a Directiva 91/156/CEE na que se fai un especial fincapé no xeito de afrontar os residuos, cunha orde de prioridades que son a prevención ou redución da produción, a recuperación de fraccións como materias primas secundarias e o fomento da utilización dos residuos como fonte de enerxía.

A nivel da CE, só no período de entre 1975 e 1990, produciuse un incremento do 20 % na produción de residuos, mentres que a taxa de produción por habitante e ano aumentou en case un 15 % (Fonte: V Programa). Na xestión e no tratamento dos residuos cada país é diferente, dependendo de factores como a renda por habitante e o estado de implantación dos programas en función da súa data de inicio. Aínda que é difícil xeneralizar, nun extremo atópase Luxemburgo, que aposta decididamente pola incineración (75 %).

No extremo contrario sitúanse Finlandia, Portugal e Grecia, que teñen como sistema preferido o vertido (por riba do 80 %). Suíza e Dinamarca están á cabeza da reciclaxe, con taxas de arredor do 20 %. España e Austria son os países que meirande proporción de residuos envían á compostaxe, arredor dun 15 %. En calquera caso as taxas de reciclaxe son aínda baixas e o vertido e a incineración son os sistemas imperantes. Todos os países pertencentes á CE deberán facer un grande esforzo nos próximos anos para acadar as metas previstas.

 Residuos e solos 


sábado 13 de marzo de 2010
  » Filosofía  
» Plan RU
» Separación en orixe
» Recollida de residuos urbanos
» Planta de Nostián
» Recuperación de Bens
» Residuos especiais
» Convenios
» Proxectos
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Residuos e solos
© Aviso legal