Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

XXVI Concurso de Bandas e Solistas Cuac FM

A emisora comunitaria da Coruña, CUAC FM 103.4, convoca a XXVI edición do seu certame para bandas e solistas de diversos estilos musicais co obxectivo de promover a cultura musical na nosa contorna e dar a coñecer proxectos que non teñan unha longa traxectoria, con especial atención ás bandas galegas e da Coruña, aínda que o concurso está aberto á participación de artistas de toda España.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

Hasta el 20/05/2024

Requisitos:

  • Poderán participar grupos musicais ou solistas residentes en España de calquera estilo musical, fóra da música clásica, que non editasen máis de 15 cancións da súa propia composición, independentemente do formato no que fosen realizadas (CD, vinilos, EP, singles e edicións dixitais en plataformas: Bandcamp, Spotify, Soundcloud, etc.)
  • Para ser considerado banda ou solista da Coruña, polo menos a metade dos seus integrantes deben estar empadroados na cidade.
  • Cada participante deberá cubrir o formulario de inscrición da web de CUAC FM e enviar dúas cancións de composición propia descargables en MP3.
  • Non poderán participar as bandas xa premiadas en edicións anteriores do Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM.

Remuneración / Coste:

  • Premios exclusivos para bandas e solistas galegos: outogaranse 2 premios de 1.000 euros cada un, sendo requisito imprescindible para obtelo actuar no Festival Noroeste Estrella Galicia 2024.
  • Premios Batalla de Bandas: Os dous grupos ou solistas que obtivesen máis votos, participarán na Batalla de Bandas do Concurso de Bandas e Solistas CUAC FM na Sala Mardi Gras. Finalizadas as dúas actuacións un xurado decidirá o 1º premio (1.000€) e o 2º premio (900 €)
  • Premio "Eva Coyote" exclusivo para bandas ou solistas da Coruña: 900€ para a banda ou solista da Coruña con máis puntos, excluíndo as clasificadas para actuar no Festival Noroeste Estrella Galicia ou na Batalla de Bandas.
  • Premio Mellor Canción en Galego: 200€ para canción en galego escollida polo xurado de entre todas as recibidas.

Página web:

https://cuacfm.org

Contacto:

Cuac FM 

Rúa Lisboa, 8 (15008 - A Coruña)

correo-e: concursobandas@cuacfm.org

No Pierdas

No Pierdas

Inscripción en Actividades

Proceso de inscripción en las actividades. Después de haber cubierto y enviado un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Cómo inscribirme en una actividad

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión