Participación do Concello da Coruña no programa europeo INTELLIGENT ENERGY EUROPE.
1-Que é o Proxecto PRACTISE?
PRACTISE é un proxecto transnacional no que se pretende desenvolver políticas e directrices da Unión Europea, en materia de Enerxía Sostible, a nivel local.
Os obxectivos que busca PRACTISE son:
Mellorar o coñecemento e potenciar as iniciativas de creación e implementación dunha comunidade (entendendo por comunidade, a cidade da Coruña) de enerxía sostible.
Crear unha rede de expertos dentro da Coruña en todos os campos da enerxía sostible.
Promover accións participativas da poboación no campo da enerxía sostible.
Promover accións de formación para actores clave dentro da cidade (técnicos relacionados coa enerxía sostible: arquitectos, enxeñeiros; entidades públicas; asociación de construtores; asociacións medioambientais; asociación de consumidores; universidades; etc).
Buscar un equilibrio en termos de enerxía sostible entre distintas áreas da cidade, tendo en conta sobre todo as áreas máis illadas.
Promover unha mellora continua do Plan de Acción da Enerxía a través da participación da poboación.
En definitiva, o proxecto pretende crear un paquete de boas prácticas para a creación e implementación dunha Comunidade de Enerxía Sostible (SEC) que será aplicable en calquera parte de Europa.
As SEC pódense definir como comunidades locais nas que políticos, planificadores, axentes do mercado e cidadáns cooperen activamente para conseguir a redución da dependencia enerxética externa, favorecendo fontes de enerxía renovable, xunto cun uso de medidas que mellora da eficiencia enerxética en todos os usuarios finais.
2- Quen participa no proxecto?
4 gobernos locais cos seus socios:
Cidade da Coruña (España)
Cidade de Alessandria (Italia)
Departament d?Ille et Vilaine (Francia)
Cidade de Ploiesti (Romanía)
TTR (Gran Bretaña)
Provincia de Alessandria (Italia)
Universidad del Piamonte Oriental (Italia)
AMAG (Italia)
Collegio Construttori Edili-Alessandria (Italia)
Ordine degli Ingegneri della Provincia di Alessandria (Italia)
CIELE (Centre d?information sur l?ernergie et l?enviroment-Francia)
AILE (Francia)
Colaboradores:
Regione Piemonte (Italia)
Ordine Architetti (Italia)
Instituto Nazionale Bioarchitettura (Italia)
WWF-Alessandria (Italia)
La Conchiglia (Italia)
Bretagne Romantique (Francia)
Ademe (Francia)
3- Como xorde a participación no proxecto?
O proxecto PRACTISE foi unha iniciativa do Concello de Alessandria, en Italia, como resposta ao programa europeo "Intelligent Energy Europe".
4- Onde encaixa este proxecto?
O proxecto PRACTISE vai en liña con outros proxectos previstos dende o Concello da Coruña, como é "o desenvolvemento do mapa lumínico de todo o municipio" e o "estudo sobre a eficiencia enerxética dos edificios municipais, etc.
5- Que accións se van desenvolver dentro do proxecto?
A participación do Concello da Coruña no proxecto PRACTISE implica realizar as seguintes accións:
Realizar un estudo sobre o contexto enerxético local e o mercado enerxético, analizando debilidades e fortalezas, oportunidades e ameazas.
Avaliación da situación da "enerxía sostible" a nivel local, realizando cando sexa posible auditorías enerxéticas piloto.
Consultas a grupos representativos da cidadanía.
Consultas a grupos de interese (profesionais, empresas vinculadas ao mundo enerxético).
Realizar iniciativas sobre o uso racional da enerxía (elaborar un plan de intervención sobre edificios, etc).
Establecer un Plan para a Enerxía Sostible.
Participar no deseño dunha Plataforma E-learning e na súa divulgación.
Organizar seminarios, xornadas ou grupos de traballo para os distintos grupos de interese dentro da comunidade.
Participar nas reunións trans-nacionais previstas e organizar algunha destas reunións con todos os compoñentes do proxecto, na cidade da Coruña.
6- Cal é o orzamento municipal? O orzamento previsto para desenvolver o proxecto PRACTISE é de 177.807 euros, dos cales a Unión Europea proporciona o 50% e o Concello da Coruña o resto (50% en horas/home; 50% en achega económica).
Para máis información podes chamar ao 981 184315 ou enviar unha mensaxe a g.leira@aytolacoruna.es.