Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Niños en la playa
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 
 Celebracións puntuais

Ao longo do ano, o Concello da Coruña organiza diversos actos para conmemorar as seguintes datas:



[3]

:: Día do mar: 17 de marzo

Nos anos anteriores, arredor desta data, instaláronse no paseo marítimo varios postos, cada un atendido por dous monitores que informararon a cidadanía e repartiron varios folletos elaborados para a ocasión.

No interior de cada unha destas carpas había varios paneis dedicados aos seguintes temas:

  • O mar, un patrimonio de toda a humanidade.
  • As ameazas do mar: contaminación, sobre pesca, etc.
  • Ecoloxía da ría da Coruña e do golfo Ártabro.
  • A urbanización do litoral, un problema global.


1080048795343-556




:: Día da árbore: 21 de marzo

Con motivo desta data, máis de 1.000 escolares plantaron nos anos anteriores diversas especies de árbores nos arredores da Torre de Hércules, no parque de San Diego e no Monte de San Pedro. Ademais, entregáronselles a cada un deles varios folletos sobre o importante papel que xogan as árbores na cidade e sobre como se planta unha árbore.

As plantacións estiveron ademais aderezadas con todo tipo de xogos cooperativos para que os pequenos planta-árbores as gozasen como se merecen.

1080049623296-254




:: Día do medio ambiente: 05 de xuño

Dende poucos días antes desta data emblemática no calendario medioambiental (do 31 de maio ao 3 de xuño) desenvolvéronse unha longa serie de actividades:

-Mostra de cine de Medio Ambiente de Gavá.
-Exposición sobre medio ambiente e humor.
-Talleres de reciclaxe e consumo responsable.
-Talleres de compostaxe.
-Exposición Planta Nostián.
-Bus informativo.
-Edición dun póster conmemorativo.


O obxectivo de todas elas é chamar a atención dos cidadáns sobre os problemas medioambientais globais e sobre a necesidade da acción local para darlles unha solución.

· Mostra de cine de medio ambiente de Gavá
· Exposición sobre medio ambiente e humor
· Talleres de reciclaxe e consumo responsable
· Talleres de compostaxe
· Exposición Planta Nostián
· Bus informativo
· Edición dun póster conmemorativo



miércoles 23 de mayo de 2012
  » Plan de residuos  
» Ciclo da auga
» Vexo Vexo
» O aire que nos rodea
» Axenda 21 escolar
» Campañas
» Celebracións
» Calendario
» Solicitudes e inscricións
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Educación ambiental > Actividades
© Aviso legal