Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Niños en la playa
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 
 Axenda 21 escolar

O capítulo 28 do programa da "Cumbre de la Tierra de Río 1992" fai un chamamento a todas as comunidades locais para que creen a súa propia Axenda 21 ("Axenda 21 Local") que recolla os obxectivos xerais da Axenda 21 e que os traduza en plans e accións concretos para unha localidade específica. Propuxo que para o ano 1996 a maioría das autoridades locais de cada país debían ter levado a cabo un proceso de consultas coas súas respectivas poboacións e ter logrado un consenso sobre un Programa 21 Local. Cada autoridade local debía iniciar un diálogo coa súa cidadanía, coas organizacións locais e empresas privadas e aprobar un programa local. Mediante a realización de consultas e a promoción dun consenso, as autoridades locais recibirían contribucións da cidadanía e das organizacións cívicas e empresariais, obtendo desta forma a información necesaria para formular as mellores estratexias dende as cidades para unha política económica, social e ecolóxica.

A cidade da Coruña asinou a Carta de Aalborg e actualmente está dando os primeiros pasos para a elaboración e a posta en práctica da súa propia Axenda 21 Local.

Neste marco de acción, unha das actuacións prioritarias recollidas é a reorientación do proceso educativo cara ao desenvolvemento sostible, é dicir, colaborar cos centros educativos e axudarlles no deseño de plans de traballo relacionados co medio ambiente integrados nos seus plans de estudo. O instrumento a nivel municipal para esta actuación é a denominada Axenda 21 Escolar.

miércoles 23 de mayo de 2012
  » Plan de residuos  
» Ciclo da auga
» Vexo Vexo
» O aire que nos rodea
» Axenda 21 escolar
» Campañas
» Celebracións
» Calendario
» Solicitudes e inscricións
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Educación ambiental > Actividades
© Aviso legal