O ciclo da auga na Coruña
Dentro da xestión municipal, o abastecemento de auga á poboación
e ás industrias é un dos principais servizos que realiza o Concello
dende hai case catro décadas. Dende a súa captación, ata
o abastecemento e a súa depuración final, segue un ciclo artificial
de depuración, condución, bombeo, etc. Non obstante, son poucos
os cidadáns que serían capaces de describir, incluso de forma superficial,
cal é o camiño que segue a auga antes de chegar ás súas
billas ou cal é o sistema que se utiliza posteriormente para a súa
eliminación.
O fomento do coñecemento é o primeiro paso para
poder implicar a poboación nun tratamento máis axeitado deste
recurso imprescindible, ao que polo xeral non se lle dá a importancia
que merece.
A nivel global, existen ademais unha serie deque non podemos pasar
por alto, e que inflúen directamente no estado xeral do medio ambiente:
Utilización
insostible de recursos
Contaminación
de augas doces
Procesos de desertización
e de seca
|