Educación ambiental no marco da Axenda 21
De entre os documentos emanados da Conferencia das Nacións Unidas
sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento (Río de Janeiro, 1992),
destaca a Axenda 21 , estratexia
dirixida a sinalar os ámbitos e os problemas de actuación prioritaria,
definir os obxectivos, establecer recomendacións para a acción,
e identificar os recursos e instrumentos necesarios para a mobilización
internacional na busca dun modelo de desenvolvemento sostible.
Dimensións
sociais e económicas.
Conservación
e xestión dos recursos para o desenvolvemento.
Fortalecemento dos
grupos principais.
Medios de execución.
A educación aparece tratada na cuarta sección. Dela ocúpase
o artigo 36, titulado "Fomento da educación, da capacitación
e da toma de conciencia". Ademais, noutros capítulos recóllense
diversas recomendacións de carácter educativo.
Afirma o artigo 36 da Axenda
21 que "A educación é de importancia crítica
para promover o desenvolvemento sostible e aumentar a capacidade das poboacións
para abordar cuestións ambientais e de desenvolvemento". Tamén
que "a educación é igualmente fundamental para adquirir
conciencia, valores e actitudes, técnicas e comportamentos ecolóxicos
e éticos en consonancia co desenvolvemento sostible, e que favorezan
a participación pública efectiva no proceso de toma de decisións".
Na declaración final da Conferencia Internacional sobre Ambiente
e Sociedade reunida en Tesalónica (Grecia) en decembro de 1997,
tras revisar os logros da Axenda
21 en materia dee concluír que os progresos realizados son
manifestamente insuficientes, recoméndase que "as estratexias
para a educación non formal e informal sexan elaboradas a nivel nacional
e local".
A Unión Europea, a partir dos acordos da Conferencia de Río
de Janeiro de 1992, establece en 1993 un Programa Comunitario
de Política e Actuación en Materia de Medio Ambiente e Desenvolvemento
Sostible, tamén coñecido como V Programa de Acción
en Materia de Medio Ambiente. A educación aparece como un elemento
central deste V Programa, que entende necesario promover un cambio significativo
nas pautas de comportamento e de consumo dos seres humanos, tanto a nivel individual
como colectivo.
Neste sentido, concreta entre as súas as seguintes:
Incrementar a conciencia
ambiental dos cidadáns, tanto a nivel individual como colectivo.
Formar e informar
o público para que participe con coñecemento de causa na toma
de decisións que lle afectan á calidade do medio ambiente e ao
uso racional dos recursos naturais, actuando como cidadáns e consumidores
responsables.
No ano 1998 o V Programa é revisado polo Parlamento Europeo
e polo Consello, e integra entre as as seguintes:
A integración
do concepto de desenvolvemento sostible nos programas de educación
e información da comunidade.
A contribución
ao cambio de comportamentos individuais cara a pautas de vida sostibles.
No noso país, todos estes principios e directrices foron recollidos
no Libro branco da educación ambiental en España (ano
2000). Tamén a Estratexia Galega de Educación Ambiental
(ano 2000) os fai seus.
|