Principios metodolóxicos
A ,
dende o punto de vista metodolóxico, proponse a necesidade de desenvolverse
a través de procedementos que sexan coherentes coas súas bases éticas
e conceptuais. Por iso, parte do suxeito que aprende para construír o coñecemento,
concibindo a aprendizaxe como un proceso, no que o intelectual e o afectivo están
estreitamente vinculados, educando en termos de relación, interacción
e interdependencia, partindo do próximo para chegar a un pensamento
global.
A
como unha educación en valores que debe desenvolver estratexias de modificación
de conduta: os dilemas morais, a clarificación de valores a través
dos xogos de simulación ou as dramatizacións, os exercicios de
roles, as vivencias persoais, a investigación… son as ferramentas
coas que contarán estes proxectos educativos.
A elección dos temas ou centros de interese deben estar localizados
no contorno próximo. Así, hai que optar por cuestións locais,
que lle afecten directamente á vida dos cidadáns ou da súa
comunidade, sen perder a perspectiva global; esta concepción recóllese
perfectamente no
pensar globalmente, actuar localmente.
O medio ambiente é o resultado da interacción
no tempo e no espazo de factores biolóxicos, físicos, económicos,
sociais e políticos, polo que a súa comprensión require
o estudo dos seus elementos e interaccións entre eles.
|