Que é a educación ambiental?
A
é unha dimensión da educación que persegue unha meirande
eficacia social e pretende ser un resorte do desenvolvemento
comunitario, atendendo á conservación da calidade do medio
e, polo tanto, da calidade de vida. É a educación no respecto cara
á natureza e ás culturas humanas, a conciencia de interdependencia
entre todos os seres vivos e o seu medio, e a necesidade de actuar dende a solidariedade.
Considérase un elemento fundamental na educación global e permanente,
orientada cara á resolución de problemas e que prepara para a
participación social activa. A persegue fomentar o respecto cara aos valores naturais,
sociais, culturais, éticos e estéticos; é a educación
en, para e dende a diversidade.
O seu carácter innovador radica en que a é fundamentalmente un movemento ético
e non só unha concepción pedagóxica, que require unha renovación
conceptual e metodolóxica, na que o cidadán poida comprenderse
a si mesmo como unha parte integrante do medio, tendo unha visión global
da realidade.
O obxectivo último é, tomando as palabras de María Novo,
conseguir que as persoas desenvolvan condutas correctas con respecto ao seu
contorno de acordo con valores asumidos libre e responsablemente.
A ten
polo tanto un compoñente práctico importante: os comportamentos
que se xeren do feito educativo han ir encamiñados cara ao respecto e
á mellora do medio. Na actualidade non podemos disociar esta concepción
da de desenvolvemento, xa que os problemas ambientais están orixinados
por unha mala xestión dos recursos e das políticas económicas
liberais.
A
non é unha materia máis que hai que introducir nos currículos.
O seu ámbito non se reduce aos centros escolares, nin a unhas idades
en concreto: é un proxecto ético para toda a cidadanía,
dende a educación formal e non formal, en todos os estamentos e dirixida
a escolares, familias, técnicos, políticos, administradores…
é dicir a toda a sociedade porque todos, e non soamente un grupo
de profesionais, podemos incidir na mellora do medio ambiente.
"A
debería contribuír a adoptar, no que respecta tanto a valores
éticos e estéticos como á economía, actitudes que
leven ás persoas a impoñerse unha disciplina, ante todo para non
menoscabar a calidade do medio ambiente, e tamén para participar activamente
nas tarefas colectivas destinadas a melloralo". (Discurso de apertura
do Congreso Internacional de Educación Ambiental de Tbilisi).
|