Configuración
O Sistema de Información Medio Ambiental da Coruña,
que a partir deste momento denominaremos SIMA, nace como un servizo
público para a cidadanía, e configúrase así unha estrutura
baseada no fluxo de información entre o Concello e os diferentes usuarios
da web.
Aínda que non hai que esquecer que o conxunto do portal é en
si mesmo un Sistema de Información Ambiental, quixemos agrupar coa denominación
de SIMA o apartado do que forman parte o banco
de datos e a normativa
ambiental , pois neles poderase atopar toda a información ambiental
que lle afecta ao noso municipio, sen prexuízo de acudir á oficina
virtual ou ao centro de
publicacións , que debido ao seu peso dentro do portal xustifica
que formen seccións diferenciadas.
|