Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Ábaco
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Obxectivos

Unha das accións primordiais para a consecución dos fins perseguidos pola Área de Medio Ambiente é, sen dúbida, ofrecerlles unha información ambiental de calidade aos cidadáns, pois, tal e como indica o VI programa comunitario de acción en materia de medio ambiente, estes “toman cada día decisións que teñen un efecto directo ou indirecto sobre o medio ambiente”, polo que é necesario poñer á súa disposición datos suficientes para formarse unha opinión axeitada que lles axude a elixir a opción idónea para cumprir os obxectivos do desenvolvemento sostible.

Con este Sistema de Información Ambiental preténdese ir máis alá das obrigas derivadas do cumprimento da Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do consello do 28 de xaneiro do 2003; é dicir, garantir a liberdade de acceso á información sobre o medio ambiente que estea en poder do Concello, pois intentaremos que sirva de base para a efectiva participación de todos os sectores sociais implicados, como así indica entre os seus principios e obxectivos a Lei 1/1995 (Galicia), do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e como establece entre as súas iniciativas para as autoridades locais o artigo 28 da  Axenda 21 .

jueves 23 de mayo de 2013
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Información ambiental > Obxectivos
© Aviso legal