Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Arbol
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Industria

O sector industrial estivo tradicionalmente vinculado á xeración de problemas ambientais debido principalmente a que a implantación das empresas de maior tamaño e grao de contaminación se produciu en épocas nas que a sensibilización polo medio ambiente era escasa e o desenvolvemento de políticas en favor da produción limpa eran inexistentes. Primaba, polo tanto, o factor económico sobre o resto dos piares da sostenibilidade, característica principal dos países en vías de desenvolvemento, como a España dos anos 60-70.

Co paso dos anos a incorporación de España á Unión Europea trouxo consigo a aceptación de forma implícita do modelo de política ambiental que dende había moitos anos viñan exercendo outros países, con máis tradición na protección do medio ambiente, principalmente do norte de Europa, polo que a presión sobre a industria contaminante foi en continuo crecemento ata os nosos días.

As normas sobre xestión dos residuos, sobre control de emisións á atmosfera, sobre vertidos, e en xeral aquelas que empezaron a aplicar o criterio de que quen contamina paga, viñeron a limitar os excesos que noutra época eran considerados intrínsecos á produción industrial.

As solucións para as industrias existentes non son nada fáciles, e polo tanto figuras como o “Pacto Ambiental” intentan paliar de forma transitoria a dificultade para adaptarse aos valores límite que fixa a normativa en vigor, especialmente á Lei de prevención e control integrado da contaminación (IPPC).

Así mesmo, e para a mellora continua, comezan a proliferar de forma considerable os Sistemas de Xestión Ambiental certificados segundo normas ISO 14000 e EMAS nas empresas industriais, o que garante, cando menos, unha especial predisposición destas actividades cara á protección do medio ambiente e polo tanto do contorno no que se localizan, motivo polo cal o número delas presentes nun municipio considérase un bo indicador de sostenibilidade no marco da Axenda 21 Local.

Un novo paso estase dando nalgunhas empresas coa elaboración das memorias de sostenibilidade, coas que se pretende integrar a filosofía de Axenda 21 no seu funcionamento.

Obxectivos: Este apartado nace co obxectivo de propiciar que no prazo máis breve posible, mediante convenios de colaboración con asociacións empresariais e colectivos profesionais, se poida crear un punto de encontro entre a Área de Medio Ambiente e o sector empresarial da cidade que permita unha solución aceptable aos problemas relacionados con este sector dunha forma participativa, mediante a promoción dos sistemas de produción limpa e a correcta xestión medioambiental.

A estrutura será a mesma que para o resto de sectores, é dicir, unha parte de divulgación con enlaces á parte do banco de datos  que lle corresponda, como por exemplo ao inventario industrial, aos datos dos polígonos industriais, un acceso aos apartados da  oficina virtual , principalmente solicitudes, trámites, denuncias e o consultorio, e outro enlace ao centro de publicacións  no que se refire aos proxectos tipo, memorias resumo, estudos de impacto ambiental, guías MTD e autoavaliacións ambientais, para finalizar nun amplo contido en  normativa específica  en materia de medio ambiente e seguridade industrial.

 

miércoles 23 de mayo de 2012
 
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Industria
© Aviso legal