Proxectos
No futuro próximo están previstas algunhas actuacións para
a mellora dos espazos protexidos do Concello, mediante a dotación de infraestruturas
de transporte e o incremento de servizos que farán estes lugares, se cabe,
máis atractivos e interactivos.
Dentro deste grupo encóntrase o e a comunicación do paseo marítimo co devandito
monte a través dela por medio dun elevador panorámico.
Salvarase un desnivel duns 60 metros cunha pendente aproximada superior ao
100 %. Isto permitirá obter unha visión panorámica envexable
da enseada do Orzán, enmarcada polo Obelisco “Millennium”
e a Torre de Hércules. O prazo estimado de execución será
de oito meses.
Principais unidades construtivas que compoñen a obra:
Movemento de terras,
canalización para tubos, etc.
Construción
da estrutura-soporte dos banzos de escaleiras, as zonas de acceso inferior e
superior, caseta de maquinaria e tubos.
Colocación
do camiño de rodadura, formado polos carrís e pola cremalleira.
Implantación
de tubos e conducións.
Execución
en taller da estrutura do elevador ou das súas partes.
Montaxe do elevador
in situ.
Montaxe da maquinaria
e dos equipos.
Reurbanización
do paseo marítimo en explanada de acceso.
Outra actuación destacable no monte de San Pedro será
a construción dun ,
que utilizando como base o depósito de auga existente, permitirá
non só aproveitar as especiais condicións de observación
do contorno, senón que contará coas últimas tecnoloxías
para achegar os visitantes, con carácter educativo e formativo, aos espazos
naturais de meirande interese, mediante a asociación destes con bases
documentais mediante sistemas virtuais.
Dentro doutro grupo atópanse as actuacións encamiñadas
á recuperación de novas zonas de singular beleza para o goce da
cidadanía así como aquelas que teñen como obxectivo preservar
da acción do home os nosos espazos de especial valor natural.
Neste apartado inclúese o proxecto, xa executado, do , que configura un dos recunchos
naturais máis encantadores da Coruña. Ás extraordinarias
vistas sobre o golfo Ártabro que dende aquí se gozan súmanse
a multitude de especies de flora e de fauna, algunha delas de gran valor. Todas
son parte dun ecosistema único, integrado por diferentes tipos de hábitat
que inclúen o acantilado baixo, a praia de cantos, as praderías
e incluso un pequeno manancial.
Esta actuación tivo por obxecto protexer estes valores, consolidándoos,
e facelos máis accesibles aos coruñeses e ás coruñesas
de todas as idades, así como aos seus visitantes. Os criterios que se
seguiron para axeitar esta área tiveron como eixe central o equilibrio
entre a conservación da natureza e o seu goce e coñecemento.
Con respecto aos lugares protexidos encóntrase o proxecto de declaración
das como
espazo natural de interese local, conforme á Lei
9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.
As illas de San Pedro, situadas fronte ao porto do Portiño son un pequeno
arquipélago granítico composto por 4 illas e un conxunto de illotes
orientados de forma lineal de NE a SW. A súa superficie total é
de aproximadamente 7 hectáreas, e a súa altura máxima,
en Illa do Pé, de 12,40 metros.
Esta proposta de declaración de “espazo natural de
interese local” para estas illas limítase aos valores
naturais das súas partes emerxidas. Non inclúe, polo tanto, as
súas partes somerxidas e os seus fondos.
A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza
de Galicia bríndalles aos concellos a posibilidade de declarar e de xestionar
espazos naturais protexidos baixo a figura denominada “espazo natural
de interese local”. Os concellos débenlle presentar á
Xunta de Galicia un plan de conservación para cada espazo que recolla
a súa delimitación e as actuacións de xestión previstas.
A obtención desta figura de protección non implica a restrición
de usos dentro do territorio protexido.
Ascensor
Punta Herminia
|