Paseo marítimo
Hai só quince anos, A Coruña, unha cidade-península rodeada
polo océano, vivía, non obstante, separada deste debido á
inaccesibilidade do litoral para a gran maioría dos veciños. Hoxe
conta co meirande paseo marítimo de Europa, unha obra
inaugurada en 1996 e aínda en marcha, que se converteu á vez nunha
das principais vías de comunicación da cidade, en
lugar de encontro durante as horas de ocio de miles de cidadáns e nun espléndido
balcón sobre o mar.
Dotado cunha calzada de dous carrís e dobre vía, o maior carril-bici
de Galicia e, un amplo paseo peonil axardinado, esta infraestrutura esténdese
ao longo de 8,5 km. Nun breve prazo comezarán as obras que o dilatarán
5 km máis ata o porto do Portiño.
O paseo percorre toda a fachada costeira da cidade e bríndalles acceso
a cada unha das praias, ao espazo natural dos arredores da Torre de
Hércules, á Casa dos Peixes ou á Domus… O tranvía
histórico deslízase por el, e no futuro farao o metro
lixeiro.
De entre o seu singular mobiliario urbano destacan os vermellos farois
ornamentais. Foron deseñados especificamente para a ocasión
e cada un deles está adornado por un esmalte orixinal da artista coruñesa
Julia Ares. Tamén son exclusivos os bancos e a balaustrada.
Paseo marítimo
» Fotos 360º
Paseo marítimo Orzán - Riazor
|