Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Dólmenes Parque de la Torre
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Monte de San Pedro

O monte de San Pedro representa un exemplo dunha grande área de ocio recuperada para a cidade. Se todo este extremo urbano viviu nos últimos anos unha gran revitalización coa presenza dun novo barrio, de centros comerciais e da realización de obras de goce e celebración cidadá como o  paseo marítimo ou o Millennium , o monte de San Pedro significa a culminación dunha gran transformación.

É a transformación dunha área, ata agora unha zona marxinal por diversas razóns de carácter histórico e de uso, nun lugar público de esparexemento para a cidade e a súa área metropolitana.

A cesión e o abandono por parte dos militares dun terreo que levaban ocupando dende había anos posibilitoulle ao Concello da Coruña comezar unha serie de obras, hoxe rematadas nas súas primeiras fases, pero aínda en constante avance, de rehabilitación e axardinamento para a súa rápida conversión en parque público municipal.

O parque municipal do monte de San Pedro comprende unha ampla extensión de territorio de accidentada topografía e vistas excepcionais sobre a cidade da Coruña e unha ampla franxa de costa, que abarca dende o cabo San Adrián e as illas Sisargas ao oeste, ata os cabos Prior e Prioriño ao noreste.

Cobra especial presenza o borde litoral, coas súas características formacións  rochosas , flora e fauna. Ladeiras de toxos e uces, de cores amarelas e rosas, nas que se mesturan outras especies vexetais típicas de ambientes costeiros, incluíndo algunhas plantas endémicas que prosperan ante o respecto ao seu hábitat. E sobre elas,  multitude de pequenas aves  como papuxas, xílgaros ou pardais que sucan o parque proporcionando colorido e vida.

A anterior ocupación militar, debida á situación estratéxica deste punto xeográfico orientado á entrada da ría coruñesa, deixou a súa pegada nun conxunto de construcións que supoñen un grande atractivo. Refuxios subterráneos, barracóns para a tropa, garitas e, sobre todo, as espectaculares baterías de costa, recuperáronse cunha intención patrimonial que deixe marca nas xeracións futuras como o fixo coas pasadas.

E aos pés do parque, a cidade. Para a gran maioría dos coruñeses observar a cidade dende aquí significa ter unha nova visión da que nunca dispuxeron. E para os visitantes é descubrir a globalidade da nosa cidade, poder enmarcala nunha vista aérea e situar a baía do Orzán, a Casa do Home ou a dos Peixes, a Torre de Hércules e gran parte dos puntos emblemáticos da urbe.

E para completar o espazo en si mesmo, a dotación de camiños e sendeiros para percorrelo, áreas axardinadas, mobiliario público, estanques e paneis informativos... a infraestrutura necesaria para facer da visita unha experiencia agradable e que deixe pegada en nós.

En definitiva, no monte de San Pedro conseguiuse recuperar unha gran superficie para o lecer e goce da cidadanía e integrala nun conxunto de actuacións encamiñadas a elevar aínda máis a calidade de vida dos coruñeses e dos seus visitantes.

 Monte de San Pedro 


» Fotos 360º

Galería de imaxes Parque de San Pedro (dende un canón)

Galería de imaxes Parque de San Pedro (miradoiro)


jueves 11 de marzo de 2010
  » Monte de San Pedro  
» Paseo marítimo
» Parque de Bens
» Visitas guiadas
» Proxectos
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Conservación do contorno
© Aviso legal