O mimetismo
O mimetismo das infraestruturas de radiocomunicación é
a gran aposta da Ordenanza municipal.
Entendemos por a aplicación dunha serie de técnicas
construtivas ás obras de execución das instalacións de
telecomunicación, mediante as cales o seu aspecto exterior asimílase
á edificación ou ao espazo natural que lles dá soporte.
Aínda que este tipo de técnicas non son novas, si o son os Catálogos
de técnicas de mimetismo e integración no medio nos que
se recollen de forma descritiva todas elas, e convértense en documentos
de obrigado cumprimento para os proxectos.
Preténdese evitar que a mesma instalación que se sitúa
nun polígono industrial sirva para unha paisaxe natural de especial interese
ou para un núcleo histórico protexido, e desta forma minimizar
o impacto visual ata uns niveis de calidade que en nada lle afecten á
estética urbana e ao crecente interese pola conservación do patrimonio,
equilibrándose así a balanza entre desenvolvemento económico
e tecnolóxico co medioambiental, base do desenvolvemento sostible.
O apoio legal desta innovación osténtano as “melloras
técnicas dispoñibles”, contempladas explicitamente
na Directiva IPPC de control integrado da contaminación, que
se materializan na ordenanza ao incorporarse a un sistema de catálogos.
|