Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Lluvia sobre el agua
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Proceso participativo

Durante o ano 2002 abriuse un proceso participativo no interior do Concello, implicando a todos os departamentos municipais con competencias na materia formouse un grupo de traballo interdisciplinario para proporcionar os máis variados puntos de vista en relación cos criterios técnicos de instalación das infraestruturas.

Paralelamente comunícaselles a todos os sectores, como asociacións de veciños, as ONG, asociacións empresariais, asociacións profesionais, operadores de telecomunicación, entre outros, un documento base, co fin de que desen os seus diferentes puntos de vista sobre a materia.

Desta primeira fase nacen as “Normas provisionais para a instalación e o funcionamento de elementos e equipos de telefonía móbil no municipio da Coruña”, que sen pretensións de ordenanza, intentaron recoller todas as inercias da fase de participación como criterios básicos para a instalación de antenas, dándolles a posibilidade ás operadoras con antenas sen legalizar de que baixo ese marco puidesen acceder a unha autorización provisional que tería a necesaria ratificación coa aprobación da ordenanza. Pretendíase con iso saír dunha fase de baleiro legal, cara a outra de máxima garantía para a poboación, principalmente en materia de seguridade e de protección do medio ambiente.

O mesmo proceso continuou coa Ordenanza sobre infraestruturas de telecomunicación, para o que se elaborou un documento de traballo para a redacción da ordenanza, na que se propoñía un texto, inspirado nas normas provisionais, xunto cunha serie de fichas de traballo e unha enquisa cidadá.

Co resultado de todo iso elaborouse o documento final, e na súa aprobación inicial existiu unanimidade de todos os grupos políticos municipais.

miércoles 23 de mayo de 2012
  » Introdución  
» Diagnóstico municipal
» Proceso participativo
» O mimetismo
» Rede de vixilancia
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Radiacións
© Aviso legal