Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Lluvia sobre el agua
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Diagnóstico municipal

O ano 2001 a Área de Medio Ambiente realizou un diagnóstico sobre o estado da rede de telefonía na cidade, no que se inventariaron todas as instalacións e se efectuou un rexistro de instalacións existentes que se actualizará posteriormente cos datos proporcionados polas operadoras coas solicitudes de licenza.

O estudo permitiu coñecer morfoloxías tipo, localizacións preferentes, impacto ambiental das existentes, mellores técnicas utilizadas, que serviron de base para definir os criterios técnicos incluídos posteriormente na Ordenanza municipal sobre infraestruturas de radiocomunicación no termo municipal da Coruña.

Entre todas as medidas que se propuxeron destaca a necesidade de crear unhas zonas de cautela arredor dos espazos sensibles, nas que se incrementasen as esixencias de minimización do impacto ambiental.

Tamén, e en relación co impacto visual, se creou a figura dos denominados catálogos de mimetización, e fixáronse as zonas que polo seu valor histórico ou natural deberían ser protexidas. Entre estas inclúese o castro de Elviña, o castro de Nostián, a Torre de Hércules e o petroglifo de Punta Herminia, nas que se prohibe a súa instalación, e a zona de PEPRI, e a fachada marítima, nas que se poderán instalar de forma restrinxida e despois da aplicación previa de técnicas de  mimetización  e integración no medio.

miércoles 23 de mayo de 2012
  » Introdución  
» Diagnóstico municipal
» Proceso participativo
» O mimetismo
» Rede de vixilancia
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Radiacións
© Aviso legal