Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Lluvia sobre el agua
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Radiacións

O desenvolvemento da sociedade da información e da comunicación, así como a expansión das novas tecnoloxías, experimentou un incremento considerable nos últimos anos.

Concretamente, a expansión acelerada no sector da radiocomunicación, e moi especialmente no da telefonía móbil, obrigou á implantación de instalacións e infraestruturas (antenas e estacións base) na maioría dos municipios. Na maioría deles, estas instalacións estendéronse sen a ordenación legal necesaria para regular, previr e protexer a saúde da poboación e evitar, ou se é o caso, reducir o seu impacto medioambiental.

Ao mesmo tempo, a falta de información e de normativas axeitadas xerou sensación de inseguridade, desprotección e indefensión da cidadanía, derivando en situacións de preocupación e alarma social.

Para dar resposta á preocupación social e tamén co obxectivo de reducir o impacto medioambiental, o Concello da Coruña, a través da Área de Medio Ambiente, desenvolveu a ordenación do sector mediante un proceso de participación que acadou todos os sectores da poboación.

miércoles 23 de mayo de 2012
  » Introdución  
» Diagnóstico municipal
» Proceso participativo
» O mimetismo
» Rede de vixilancia
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Radiacións
© Aviso legal