Praias, espazo de todos
Cada verán A Coruña acode ás súas praias a tomar o
sol, a bañarse e a facer exercicio. Os nosos areais son un lugar de encontro
non só entre os coruñeses e o mar, senón entre todos nós.
En ocasións organízanse grandes concertos.
Outras veces teñen lugar apaixonantes competicións deportivas.
A noite de San Xoán, ademais, decenas de miles de persoas
acenden nelas as súas fogueiras para continuar así unha tradición
ancestral protagonizada pola luz e a algarabía.
As nosas praias son, ao mesmo tempo, o hábitat de numerosas especies
animais e vexetais. O seu goce debe ser compatible coa conservación
destes ecosistemas.
» Estado praias
» Fotos 360º
Praia de San Amaro
Praia de Oza
Paseo marítimo Orzán - Riazor
|