Bandeira azul
É unha distinción que a Fundación para a Educación
Ambiental (FEEE), unha organización independente, entrega cada ano a
aquelas praias europeas nas que se promove a limpeza e a seguridade, a educación
ambiental e a acción colectiva pola protección do medio ambiente
litoral.
Cando a Bandeira azul ondea nas nosas praias é porque nelas se cumpren,
polo menos, os seguintes requisitos:
Presenza de auga
potable
Duchas e sanitarios
sen deterxentes
Non se permite a
entrada de vehículos
Non se permite a
acampada incontrolada
Non se permite a
entrada de animais domésticos
As augas do mar
están limpas e son regularmente analizadas
Existen campañas
de información e educación ambiental
Hai un servizo de
limpeza de area e recollida de residuos
Existen servizos
de vixilancia, salvamento, socorrismo e primeiros auxilios
Hai accesos fáciles
e seguros para todos os cidadáns
Existen sistemas
de sinalización e respecto á lexislación de costas
Estas son as praias coruñesas distinguidas coa : Riazor, Oza, Orzán, San Amaro y As Lapas.
Praias
|