Itinerario · Parque de Bens
Atravesamos así o pequeno porto do Portiño para nos dirixir ao parque
de Bens. Deixaremos á nosa esquerda o selado do antigo vertedoiro e subindo
por calquera dos carreiros acadaremos o cumio do monte, dende onde teremos aos
nosos pés outra formidable vista da Coruña. Ao noso paso atoparemos
pardal vulgar, chasca común, xílgaro, verderolo, pomba torcaz, rula
común…
|