Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Gaviota
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Itinerario · Castelo de San Antón

Faremos a seguinte parada no Castelo de San Antón. O dique flotante de pneumáticos que protexe as embarcacións do Club Náutico da acción das ondas alberga cada noite, ou durante a marea alta, centos de aves que se achegan ata el de todos os arredores: carráns, corvos mariños, gaivotas… Entre estas últimas destacan as cabecinegras, que sumaron máis de 80 exemplares nos últimos invernos. Tamén os grandes gaivotóns, e especies máis escasas como a gaivota cana. O número de correlimos ou pilros comúns que se concentran aquí pasa dos trescentos, e a eles únense outras aves limícolas como os pilros gordos e os escuros, agullas de cola pinta, virapedras ou píllara raxada. Arredor deste dique flotante pódense observar araos e alcas.

miércoles 23 de mayo de 2012
  » Ecosistemas  
» Onde ver aves (Itinerario)
» Plan de xestión
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Flora e fauna
© Aviso legal